Cargando resultados...
Buscan unha muller de 71 anos desaparecida desde o pasado mércores en Ferrol
Saiu da casa o mércores 14 de outubro cunha maleta para ir durmir nun hotel da cidade pero nunca chegou
G24.gal
19/10/2026 17:59
A Asociación SOS Desaparecidos pediu a colaboración cidadá para dar co paradoiro dunha muller de 71 anos desaparecida desde o pasado mércores, 14 de outubro, en Ferrol.
María Trinidad Orrego saiu da casa o mércores 14 de outubro. Levaba unha maleta e tiña a intención de pasar a noite nun hotel da cidade.
Pero os familiares sinalan que nunca chegou ao establecemento e que non volveron ter noticias dela.