Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas 4 persoas por un roubo con forza en instalacións industriais de Outariz

Detidas 4 persoas por un roubo con forza en instalacións industriais de Outariz

G24.gal 19/10/2026 16:45

A Policía Local de Ourense detivo 4 persoas como presuntas autoras dun roubo con forza nunhas instalacións industriais da zona de Outariz.

O roubo produciuse na madrugada do venres ao sábado.

Varias persoas encapuchadas saltaron o peche perimetral e accederon ao recinto.

A Policía Local chegou ao lugar e, tras detectar movementos no interior, pediu reforzos. A intervención permitiu deter unha persoa nas instalacións e localizar outra nunha furgoneta que estaba nas inmediacións.

Outros dous sospeitosos lograron fuxir cara a unha zona de monte de difícil acceso, polo que se estableceu un dispositivo de busca coa axuda da Policía Nacional.

Horas despois, unha patrulla da Policía Local localizou na avenida de Santiago dúas persoas sospeitosas que foron detidas.

Na inspección do recinto asaltado, comprobouse que unha máquina expendedora fora forzada e que outras dependencias e un vehículo tiñan sinais de teren sido rexistrados. Durante o operativo incautáronse ferramentas e outros efectos, ademais da furgoneta empregada polos supostos ladróns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade