Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen o home que roubou maquinaria, viño e 200 pezas de xogo de cubertos dun restaurante en Fene

Deteñen o home que roubou maquinaria, viño e 200 pezas de xogo de cubertos dun restaurante en Fene

O valor dos obxectos subtraídos rolda os 7.000 euros

O arrestado é un veciño da zona que fora visto transportando caixas no exterior do establecemento

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 16/10/2026 09:51

A Garda Civil detivo o presunto autor dun roubo con forza nun restaurante de Fene, do que levou maquinaria, varias botellas de viño e ao redor de 200 pezas de xogo de cubertos.

Foi o responsable do establecemento o que denunciou que alguén entrara a roubar fracturando un cristal do restaurante. Do interior subtraéronse numerosos efectos profesionais e produtos cuxo valor se estimou inicialmente en aproximadamente 7.000 euros.

Entre os obxectos roubados figuran dous robots de cociña, unha cortadora de friame, unha batedora industrial, ao redor de 200 pezas de xogo de cubertos, vaixela e diverso enxoval profesional, alén de botellas de bebidas alcohólicas e viño, produtos alimenticios e outros artigos.

As xestións realizadas polos axentes, que incluíron unha inspección ocular e a toma de declaración a varias testemuñas, permitiron obter indicios que situaban o sospeitoso transportando varias caixas nas inmediacións do establecemento. As sospeitas centráronse nun veciño da localidade, que finalmente foi detido.

Durante a investigación, os axentes recuperaron un robot de cociña, unha cortadora de friame, diverso enxoval profesional e unha bolsa con aproximadamente 200 pezas de xogo de cubertos.

Ademais, un axente da Garda Civil, mentres se atopaba fóra de servizo en Ferrol, obtivo información que permitiu pescudar que se estaban ofrecendo para a venda diversos artigos de hostalería e botellas de viño. Posteriormente púidose comprobar que procedían do mesmo roubo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade