Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desvalixan cinco vivendas na rúa do Cruzamento, en Lugo

Desvalixan cinco vivendas na rúa do Cruzamento, en Lugo

Os ladróns puideron entrar polo lousado para levar cartos, xoias e outros obxectos de valor 

Hai polo menos cinco denuncias por roubo nos pisos superiores dos edificios afectados
Félix Aragunde. Imaxe: Jose Lamas. 15/10/2026 13:12

Os veciños de dous edificios da rúa do Cruzamento, en Lugo, levaron unha desagradable sorpresa á volta da ponte do Pilar. Topáronse con que lles entraran a roubar, botando en falta cartos, xoias e outros obxectos de valor, como dispositivos electrónicos.

Ata o momento, hai cinco denuncias por estes feitos, pero podería ser aínda maior o número de afectados. Para accederen ás vivendas, sospéitase que os ladróns puideron entrar pola cuberta de ambos bloques. De feito, os pisos desvalixados son os superiores, e nun terceiro edificio lindeiro ao día seguinte apareceu unha claraboia aberta cunha escada ao lado, que colleran nun rocho. 

Segundo a unidade policial de delitos contra o patrimonio, que investiga o caso, as pescudas para identificar os asaltantes van moi avanzadas. Tanto é así, que parte dos denunciantes xa comezaron a recuperar os bens subtraídos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade