Cargando resultados...
Rescatan un home que caeu co seu vehículo por un desnivel en Boborás
O vehículo en que viaxaba saíu da estrada e caeu desde unha altura de cinco metros
G24.gal
15/10/2026 13:33
Os bombeiros rescataron na madrugada deste xoves un home que sufriu un accidente de tráfico en Boborás. Caeu co seu vehículo por un desnivel duns cinco metros de altura na estrada N-541 ao seu paso pola parroquia de Xurenzás.
Estivo en todo momento consciente, pero necesitou axuda dos bombeiros para saír do turismo.
Ata a zona foron mobilizados efectivos do parque comarcal do Carballiño, así como do GES de Ribadavia e da Garda Civil de Tráfico.
O persoal sanitario do 061-Galicia atendeu a vítima.