Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida unha muller ao caer por un cantil en Ribadeo mentres facía unha fotografía

Ferida unha muller ao caer por un cantil en Ribadeo mentres facía unha fotografía

A muller foi rescatada polo helicóptero Pesca II do Servizo de Gardacostas de Galicia e trasladada ao Hospital de Burela

Imaxes cedidas pola Policía Local de Ribadeo Imaxes cedidas pola Policía Local de Ribadeo
G24.gal 13/10/2026 18:39 Última actualización 13/10/2026 19:17

Unha muller resultou ferida tras caer por un cantil mentres facía unha fotografía na praia de Rochas Brancas, en Vilaselán, no municipio lucense de Ribadeo.

O suceso tivo lugar minutos antes das 16.00 horas, cando a propia implicada, unha muller de fala inglesa, chamou ao 112 Galicia para explicar o sucedido.

Grazas ao servizo de tradución simultánea, puido indicar que estaba a tomar unha fotografía nun cantil da zona da citada praia cando caeu por un desnivel de varios metros.

No momento da chamada, atopábase na area dunha pequena cala e necesitaba asistencia sanitaria. Ademais, a subida da marea facía necesario realizar o rescate coa maior celeridade posible.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Ribadeo, así como os Bombeiros de Barreiros.

A muller foi rescatada polo helicóptero Pesca II, do Servizo de Gardacostas de Galicia, e trasladada ao Hospital de Burela nunha ambulancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade