Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un motorista de 25 anos tras sufrir unha caída en Cerdedo Cotobade

Morre un motorista de 25 anos tras sufrir unha caída en Cerdedo Cotobade

O motorista ía acompañado da súa moza, de 24 anos, que quedou ferida grave tras sufrir a caída

Imaxe cedida. Imaxe cedida.
G24.gal 26/09/2026 17:54 Última actualización 26/09/2026 18:39

Un motorista de Bueu, de 25 anos, faleceu este sábado en Cercedo Cotobado logo de sufrir unha caída na estrada PO-235, no punto quilométrico 5, en Augasantas.

O suceso tivo lugar arredor das 17:15 horas da tarde deste sábado.

O motorista ía acompañado da súa moza, de 24 anos que quedou ferida grave tras sufrir a caída. Os servizos sanitarios trasladárona ao hospital de referencia. Ambos os dous son veciños de Bueu. 

Ata o lugar achegáronse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Cotobade.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade