Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha portorriqueña de 98 anos peregrina a Santiago

Unha portorriqueña de 98 anos peregrina a Santiago

Elixiu facer o camiño polo seu aniversario e conta que xa é a sexta vez que vén de peregrina

G24.gal 26/09/2026 19:23

O Camiño de Santiago foi o agasallo que elixiu Rufina polo seu 98 aniversario. Esta muller portorriqueña percorreu o Camiño Primitivo, rodeada de familiares e amigos, e repartindo lambonadas.
 

"Gústame compartir coa xente e coñecelos, por iso teño aquí tantos amigos, adoptados, familia estendida chámolle eu. Encántame comer os seus manxares, coñecelos. Encántame todo o que sexa humano", conta Rufina Rodríguez Morales.

Di que goza coa natureza e camiñando desde pequena. E esta non é a primeira vez que peregrina a Santiago. Xa pasaba dos 90 anos cando fixo o seu primeiro Camiño.


"Teño unha pouca herdanza española por un avó ao que nunca coñecín. E encántame. Xa fixen como seis camiños con este, que me encanta o Camiño", explica Rufina Rodríez Morales.

Cando lle preguntan polo segredo dunha vida tan duradeira, fala dunha alimentación controlada, andar, falar, rir e festexar a vida. Pensa en repetir a experiencia cando sexa centenaria.

"Cos cen, si Deus o permite. E despois? Ai!, é moito pedirlle a Deus, pero se me deixa... Vémonos", despídese Rufina Rodríguez Morales.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade