Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falsa alarma de incendio na refinería da Coruña

Falsa alarma de incendio na refinería da Coruña

Un fallo eléctrico na refinería da Coruña provoca unha parada en distintas unidades

Seguindo os protocolos de seguridade, utilizouse o sistema de fachos por iso tiñan un tamaño superior ao habitual o que, nun primeiro momento, fixo pensar que podía tratarse unha emerxencia

G24.gal 16/11/2026 21:27 Última actualización 16/11/2026 21:40

Sobre as oito da tarde deste luns produciuse un fallo eléctrico na refinería da Coruña, que provocou unha parada imprevista en distintas unidades. Como consecuencia e seguindo os protocolos de seguridade, utilizouse o sistema de fachos. Por esta razón puido verse un facho de tamaño superior ao habitual, que a pesar das súas dimensións, está dentro dos parámetros de funcionamento, o cal non supón ningún risco.

A subministración eléctrica foi restablecida tempo despois e progresivamente foise poñendo en marcha as unidades paradas. A Refinería contactou coas autoridades pertinentes e as Asociacións Veciñais para informalos.

Os fachos forman parte dos mecanismos de seguridade do Complexo Industrial e actívanse en momentos puntuais, como poden ser as paradas das unidades produtivas, como neste caso, ou ao comezo dos procesos de posta en marcha dalgunha destas unidades. O facho é un sinal inequívoco de que os mecanismos de seguridade funcionaron correctamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade