O vento derruba unha árbore no centro de Cedeira
Causou desperfectos na fachada dun edificio e nunha fiestra da segunda pranta
Os operarios talan outra árbore que ameaza con caer na mesma praza
Aos veciños dun edificio de Cedeira entráronlles literalmente as pólas dentro da casa. Aconteceu contra a unha da tarde, cando un refacho especialmente virulento derrubou unha das acacias dunha céntrica praza.
"Estaba botando a sesta o sofá e oín un ruído grande. Asomeime á fiestra e vin que había moita xente e a árbore caída", explicaba unha veciña.
Preto hai un instituto e un parque de xogos, aínda que a fortuna quixo que a árbore caese contra a fachada dun edificio e que non deixase máis que danos materiais. Un home congratulábase de que "foi sorte que deu no edificio e só rompeu dous alfeizares e unha cristaleira da galería".
Algúns veciños aseguran que a acacia estaba enfema. Por se acaso, os operarios municipais que retiraron os seus restos talaron tamén outra árbore próxima que ameazaba con seguir o mesmo camiño neste ou nalgún dos temporais que se aveciñan.
"Hoxe soprou moitísimo vento e aquí hai catro entradas e unha da en dirección á praia, e por aí entra moitísimo aire", contaba un veciño.
O norte de Galcia padeceu este luns refachos de vento de máis de 130 quilómetros por hora.