Publicador de contidos

Publicador de contidos

Domingo de chuvia e vento con aviso amarelo en varios puntos de Galicia

Domingo de chuvia e vento con aviso amarelo en varios puntos de Galicia

Agárdanse precipitacións persistentes con acumulacións de ata 40 l/m2

Os refachos poderían superar os 80 km/h nos concellos da Mariña

Ondas na praia de Silgar (Sanxenxo). EUROPA PRESS/Elena Fernández Ondas na praia de Silgar (Sanxenxo). EUROPA PRESS/Elena Fernández
G24.gal 14/11/2026 17:23 Última actualización 14/11/2026 18:31

O paso dunha borrasca moi activa deixa este domingo choivas persistentes no suroeste de Galicia. Tamén trae ventos fortes no litoral e nos concellos da Mariña, con refachos de ata 80 quilómetros á hora.

Meteogalicia activa dende as tres da madrugada o aviso amarelo por ventos fortes na costa, e por precipitacións na provincia de Pontevedra e no sur de Ourense, onde se agardan acumulacións por riba dos 40 l/m2 en doce horas.

Ademais, podería chover máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora no suroeste da Coruña, polo que tamén nesta zona vai rexer o aviso amarelo.

O paso desta fronte atlántica estenderase ata as 18:00 horas. Despois dunha pequena tregua a primeira hora do luns, a situación complicarase no mar a partir do mediodía, cando se vai activar o aviso laranxa por mar de vento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade