Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miles de pasaxeiros seguen afectados nos EUA, con máis de 3.700 voos cancelados

Miles de pasaxeiros seguen afectados nos EUA, con máis de 3.700 voos cancelados

Trump, atribuíu á obsolescencia dos sistemas de comunicacións aéreas a falla que obrigou a suspender os voos e pediu ao Congreso 30.100 millóns de dólares para modernizar esta infraestrutura

REUTERS/Eduardo Munoz
G24.gal 14/11/2026 16:49

Miles de pasaxeiros en Estados Unidos continúan afectados este sábado pola suspensión total de engalaxes do venres, que obrigou a cancelar xa máis de 3.700 voos e outros 2.000 sofren atrasos, mentres os aeroportos do país recuperan lentamente a súa actividade habitual.

"As operacións están a voltar pouco a pouco á normalidade esta mañá. Os avións están a saír das súas portas de embarque, rodando polas pistas e engalando, e é seguro voar", escribiu en X o secretario estadounidense de Transporte, Sean Duffy.

Duffy engadiu que traballan para apoiar o proceso de recuperación, mais recoñeceu que "é posíbel que se conten a producir algúns atrasos e cancelacións a medida que as aeroliñas reprograman os seus voos e redistribuen as aeronaves e as tripulacións cara a onde máis se necesitan".

"A nosa máxima prioridade neste momento é garantir que os viaxeiros regresenten a casa, xunto ás súas familias, do xeito máis rápido e seguro posíbel", indicou.

O secretario de Transporte tamén agradeceu o "profesionalismo" dos controladores de tráfico aéreo, pilotos e tripulacións de voo pola súa "dedicación" tras o caos provocado pola suspensión de engalaxes durante máis de catro horas en todos os aeroportos do país este venres.

Uns 3.785 voos foron cancelados este sábado, segundo datos das 9:30 hora do Leste dos EUA, ofrecidos polo sitio de rastrexo FlightAware, que rexistra 1.990 atrasos.

Entre os aeroportos máis afectados inclúense o O'Hare de Chicago, Hartsfield-Jackson de Atlanta, o John F. Kennedy de Nova York e o Boston Logan, todos eles entre os máis transitados do país. E agárdase que as alteracións duren toda a fin de semana.

Onte máis de 6.600 voos foron cancelados, segundo datos de FlightAware.

O Goberno do presidente, Donald Trump, atribuíu á obsolescencia dos sistemas de comunicacións aéreas a falla que obrigou a suspender os voos e pediu ao Congreso 30.100 millóns de dólares para modernizar esta infraestrutura.

As autoridades investigan o incidente, mentres aseguran que por agora non hai indicios dun ciberataque ou dunha acción maliciosa deliberada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade