Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home, de 70 anos, en estado crítico tras caer desde un sétimo piso en Ourense

Un home, de 70 anos, en estado crítico tras caer desde un sétimo piso en Ourense

A vítima precipitouse desde uns 22 metros de altura cando intentaba entrar na casa do veciño que deixara as chaves no interior

Aconteceu ás 12:30 horas nun edificio da rúa Coruña

Edificio da rúa Coruña onde aconteceu o suceso. Edificio da rúa Coruña onde aconteceu o suceso.
G24.gal 14/11/2026 14:33

Os bombeiros tiveron que intervir este sábado ao mediodía para rescatar un veciño de Ourense, de 70 anos de idade, que se precipitara desde un sétimo piso ao patio de luces dun edificio na rúa Coruña. Tras caer desde unha altura aproximada de 22 metros, o home foi trasladado en estado grave.

O suceso produciuse contra as 12:30 horas. Segundo fontes oficiais, a vítima atopábase acompañada pola súa filla cando trataba de pasar desde o seu propio piso ata a vivenda do veciño, que quedara sen chaves. Nese intre, o soporte no que se apoiaba fallou, provocando que caese ao baleiro.

Debido a que o afectado quedou atrapado nun patio de luces moi estreito, foi necesaria a intervención dos bombeiros de Ourese para proceder á súa evacuación. 


Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade