O Breogán abre esta tarde a xornada galega contra o San Pablo Burgos
O cadro lugués volve ao Pazo, onde derrotou ao Xirona hai un mes
O Breogán volve o Pazo, onde gañou por última vez o pasado 10 de outubro nun gran partido ante o Xirona coa actuación estelar de Francis Alonso, con seis triplas e vintesete puntos.
O malagueño, que ven de ser convocado polo seleccionador Chus Mateo, recolleu esta semana o premio o mellor xogador do mes do conxunto celeste co que acumula 32 tiros libres sen fallo nesta campaña.
Enfronte terá o San Pablo Burgos cun balance de dúas vitorias, catro derrotas e que ven de perder os seus cinco últimos partidos oficiais, pero o que Casimiro valora pola súa fortaleza coma visitante que lle deu os dous únicos triunfos que leva nesta temporada.
As seis da tarde, o Pazo volverá tinguirse de azul intenso.