Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril busca a reacción diante dun Barakaldo en forma (18:45h, G2 e AGalega)

O Fabril busca a reacción diante dun Barakaldo en forma (18:45h, G2 e AGalega)

O filial, que leva unha vitoria nos últimos seis encontros, volve a Abegondo

G24.gal 14/11/2026 13:50

Cinco derrotas nos seis últimos partidos levaron ao Fabril a postos de descenso. Deles intentará saír esta tarde o equipo coruñés, que recibe ao Barakaldo. Será, por primeira vez na temporada, nas instalacións de Abegondo. O encontro é unha boa oportunidade para os de Manuel Pablo, que están a tres puntos do seu rival de hoxe, un conxunto moi físico que obrigará aos fabrilistas a mellorar en varias facetas do xogo, pero intentando non perder a súa personalidade.

Manuel Pablo vai poder contar para este partido con Noé Carrillo e Kevin Sánchez, pero perde a Manu Ferrerio, con molestias nun abductor. O Barakaldo chega a Abegondo logo de catro xornadas sen perder e sen apañar goles. E buscará ante o Fabril gañar como visitante por primeira vez na temporada.

Veremos este Fabril-Barakaldo esta tarde, as sete menos cuarto, na nosa segunda canle.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade