Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carles Marco espera "un reto superchulo" na pista de Valencia

Carles Marco espera "un reto superchulo" na pista de Valencia

O encontro poderá seguirse en directo pola TVG o dómingo ás 12:00 horas 

Foto Europa Press
G24.gal 13/11/2026 15:19 Última actualización 13/11/2026 15:30

Carles Marco, adestrador do Leyma Básquet Coruña, sinalou este venres que ao seu equipo lle espera “un reto superchulo” na pista do Valencia Basket, onde necesitarán facer “moitas cousas moi ben” para gañar, pero especialmente evitar que o conxunto de Xavier Albert poida correr.

“É un reto 'superchulo', un reto motivante, queremos facer as cousas mellor cada día. Agora vén Valencia e imos intentar facer o mellor partido posible e a desfrutalo, pero a desfrutalo competindo ao máximo. A ver se podemos ter a opción de poder chegar ao final con opcións”, indicou.

En rolda de prensa, o preparador laranxa avisou da importancia de parar ás dúas bases de Valencia, “especialmente a TJ Shorts”, porque, á súa entender, “fan moi ben e moi rápido o cambio de defensa a ataque”.

“Eles xogan moi ben, moi rápido, pásase moi ben o balón, son agresivos en todas as situacións de ataque. Hai que intentar demostrarnos que podemos competir en calquera sitio”, apuntou Carles Marco

O técnico do equipo galego non cre que o seu rival acuse a baixa de Nikola Mirotic porque teñen “un equipo moi longo” e habitualmente o seu adestrador xa ten que facer descartes porque “son quince ou dezaseis xogadores de moita calidade”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar