Cargando resultados...
O Leyma remóntalle o Tenerife nun final espectacular (93-89)
Decisivos Alonzo Verge, con 26 puntos e 12 asistencias e Silins, con 17 puntos
Segunda vitoria na Liga Endesa para os coruñeses
G24.gal
31/10/2026 23:43
O Leyma Coruña conseguiu un triunfo co que moi poucos contaban. O Tenerife dominou durante 36 minutos no Coliseum e semellaba un inimigo demasiado poderoso para os laranxas.
Todo cambiou nos últimos catro minutos. Unha defensa abafante dos galegos permitiulles meterse de cheo no partido. En atque contaron coas achegas decisivas de Alonzo Verge, autor de 26 puntos e 12 asistencias, e Karlins Silins que ralizou con diferenza o mellor partido da temporada. O pivote letón aportou 19 puntos en só 17 minutos.
É a segunda vitoria en liga do Leyma, que cambia radicalmente as súas sensacións con respecto os últimos partidos.