Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carles Marco cre que Marceliño "está dando leccións alá onde vai"

Carles Marco cre que Marceliño "está dando leccións alá onde vai"

Dimsa é baixa por molestias no xemelgo e non estará ante o Tenerife

G24.gal 30/10/2026 16:46 Última actualización 30/10/2026 16:55

O adestrador do Leyma Básquet Coruña, Carles Marco, mostrou este venres a súa admiración polo brasileiro Marceliño Huertas, co que compartiu vestiario como xogador no Joventut na tempada 2004-2005 e ao que mañá terá enfronte no duelo que enfrontará ao seu equipo con Tenerife no Coliseum.

 

“A verdade é que está a dar leccións alá onde vai. Debutou comigo cando eu xogaba. Fomos compañeiros no primeiro ano seu na liga Endesa, e el segue xogando e eu levo quince anos retirado”, ironizou Carles Marco, quen asume que é moi difícil frear ao ítalo-brasileiro.

Marco reivindicou o papel de Alonzo.

 "Que Alonzo nos axude, que axude a todos a ser máis competitivos"

Dimsa é baixa por molestias no xemelgo.

 
 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade