Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fredi: "Non se nos respecta como un equipo de Segunda polo colectivo arbitral"

Fredi: "Non se nos respecta como un equipo de Segunda polo colectivo arbitral"

O Celta Fortuna ten sete baixas á espera do que decida Giráldez con respecto ao primeiro equipo

Foto Celta
G24.gal 30/10/2026 16:28 Última actualización 30/10/2026 16:42

O Celta Fortuna, golpeado pola goleada encaixada ante o Xirona e por unha praga de lesións, recibe este sábado (18:00 horas) a un Córdoba que chega lanzado a Balaídos tras gañar tres do seu últimos catro partidos ligas, aínda que eliminado na Copa do Rei ante o modesto Atlético Paso de Segunda RFEF.

O conxunto andaluz  quere rectificar o tropezo para non agrandar a ferida, sobre todo porque enfronte terá a un rival que só gañou un dos seus últimos sete partidos de liga. A inesperada perda de Andrés Antañón, a quen Claudio Giráldez recrutou para o primeiro equipo, e as lesións de Anxo Rodríguez, Alexis Olmedo e Bernard Somuah fixeron moito dano ao Fortuna, que ademais perde ao capitán Meixús, por sanción, e ao internacional paraguaio Hugo Cuenca, por unhas molestias no abdutor. O técnico pediu tamén máis respecto arbitral.

"Non se nos respecta como un equipo de Segunda polo colectivo arbitral".

Fredi Álvarez está pendente do lateral camerunés Germain Milla e do zurdo Ángel Arcos, que esta tarde adestra co primeiro equipo e non está descartado que viaxe a Vallecas, onde mañá os de Giráldez se miden co Raio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade