Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta visita Vallecas coa idea de manter a efectividade defensiva e mellorar a ofensiva

O Celta visita Vallecas coa idea de manter a efectividade defensiva e mellorar a ofensiva

Co cambio de data no partido da Copa, os lesionados teñen opcións de chegar a esa cita, salvo Miguel Román

Foto Celta Foto Celta
G24.gal 30/10/2026 16:09 Última actualización 30/10/2026 16:18

O Celta é o equipo que mellor defende no que se leva disputado de Liga e o técnico valorábao como un acicate para mellorar noutras facetas do xogo.

"Véxoo como algo moi positivo, que nos vai dar moitos puntos ao longo da tempada, pero temos que cadrar todas as fases do xogo", indicaba Giráldez, que subliñaba tamén a importancia de recuperar lesionados.

Giráldez trata de ser optimista ante os imprevistos que van xurdindo, xa que antes deste, viviron o do atraso no regreso de Glasgow.

"Hai que ser positivos. Tamén nos valeu para non seguir acumulando minutos de competición, para liberar un pouco de carga a varios xogadores", afirma.

Ademais, co cambio de data no partido da Copa, os lesionados teñen opcións de chegar a esa cita, salvo Miguel Román, que aínda que tamén evoluciona ben, é o que máis tempo necesita para recuperarse"

O Celta visita Vallecas ante un Raio Vallecano que gañou os dous partidos xogados en Vallecas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade