Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aldrine Kibet "soña" con xogar en Primeira tras un duro proceso de adaptación

Aldrine Kibet "soña" con xogar en Primeira tras un duro proceso de adaptación

Kibet: "Na casa en Kenya temos animais, para min ver unha granxa foi como estar en casa"

Esta temporada leva dous goles en nove partidos

Foto Celta
G24.gal 29/10/2026 14:05 Última actualización 29/10/2026 14:22

O Celta fichou o extremo ofensivo Aldrine Kibet con 18 anos, tras destacar na Copa África sub-20.

Malia residir xa en España, na academia do Nástic, a adaptación de Kibet non foi doada. No Celta axudárono co idioma e coa morriña cunha visita atípica. Levárono a unha granxa. Como? Visitando unha granxa.

"Na casa temos animais, para min ver unha granxa foi como estar na casa".

A experiencia axudou a Kibet a soltarse e explotar o seu talento no xuvenil. Debutou co Fortuna en febreiro e despois coa selección absoluta de Kenia, dirixida polo excéltico Benny McCarthy. Esta temporada leva dous goles en 9 partidos.

"Soño con xogar en Primeira División".

Inmerso aínda na adaptación á categoría, o Fortuna recibe este sábado o Córdoba en Balaídos. Poderán velo ás 18:30 pola G2

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade