Cargando resultados...
O Ensino medra no Pazo e suma os primeiros puntos na Eurocup
As luguesas gañaron 80-58 ao Panserraikos grego
G24.gal
28/10/2026 21:01
O Ensino Lugo mantén viva a continuidade na Eurocup coa primeira vitoria no terceiro partido da fase de grupos continental. Esta noite no Pazo asinaron o seu mellor xogo para impoñerse 80 a 58 ao Panserraikos grego, nun encontro que dominaron de principio a fin. Priscilla Williams anotou 13 puntos e foi a xogadora mellor valorada.