O Baxi Ferrol vence ao Gernika na Malata (76-71)
As departamentais seguen invictas na súa pista na Liga
O Celta Femxa Zorka non puido co
O Baxi Ferrol superarou o Gernika na Malata e segue invicto na casa na Liga. Vencía por 44 a 37 ao descanso. Un gran terceiro cuarto colocounas 14 arriba antes dos derradeiros dez minutos.
Porén, estiveron case seis sen anotar e as vascas puxéronse por diante a algo máis de catro minutos para o final. Cinco puntos consecutivos de Maggie Doogan volveron abrir oco e a vitoria quedou en Ferrol. Doogan volveu ser a mellor do Baxi, 21 puntos e 6 rebotes para un total de 3 de valoración. Claire Melia achegou 17 e Esther Castedo 12.
E derrota do Celta Femxa Zorka ante o Cadí La Seu en Navia por 80-86. De pouco serviron os 27 puntos de Ronsiek, a máxima anotadora do partido. As viguesas chegaron a colocarse a catro puntos no derradeiro cuarto pero o Cadí La Seu non deu opción a culminar a remontada. A primeira vitoria na Liga terá que seguir esperando.