O Deportivo Abanca gaña un partido con moita polémica en Ipurúa (2-3)
As armeiras protestaron varias decisións do VAR
As coruñesas saen dos postos de descenso co triunfo
Cento sete minutos necesitou o Deportivo femenino para gañar en Eibar e facerse coa segunda vitoria da temporada, a segunda tamén coma visitante.
O motivo da duración hai que buscalo nun VAR que traballou arreo desde o primeiro minuto no que anulou un penalti sinalado a favor das guipusocanas.
No vintecatro volveu actuar, esta vez para anularlle un gol a Angeles del Álamo.
E no tres dun engadido de nove no primeiro tempo, as coruñesas adiantáronse no marcador cun gol de Millene Cabral a pase de Lucía Pardo, a xogadora máis valiosa do partido.
A volta do descanso, o VAR volveu entrar en xogo para anularlle outro gol o Eibar por man previa da autora, Carla Andrés.
E do posible un a un pasouse o cero a dous noutra nova acción de Lucía Pardo culminada con éxito por Marisa García no minuto 81.
Tres máis tarde, Lucía Pardo completou a súa magnífica actuación marcando o terceiro tanto deportivista.
Todo semellaba decidido con esa clara vantaxe coruñesa. Sen embargo, o encontro complicaríaselle no engadido, inicialmente de dez minutos, pero que se extendeu sete minutos máis pola revisión do segundo tanto guipuscoano conseguido por Carla Andrés, finalmente concedido.