Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra derrota ao Cacereño cun gol de penalti de Yelko (1-0)

O Pontevedra derrota ao Cacereño cun gol de penalti de Yelko (1-0)

Os granates pasaron por problemas na segunda metade, pero aseguraron o importante triunfo

O Cacereño quedou con nove xogadores no tempo engadido

Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal 18/10/2026 18:48

O Pontevedra resolveu o partido nos primeiros minutos en Pasarón.

Foi un bo comezo do equipo de Rubén Domínguez e ademais gozou da oportunidade que lles concedeu Toño Calvo. O defensor do Cacereño cometeu un claro penalti por agarrón a Yelko Pino na área. Era o minuto 7. Pediu revisión o cadro estremeño para que se ratificase o colexiado, e de seguido o capitán granate marcou o que sería o único gol do partido.

A primeira metade rematou coa vantaxe mínima dun Pontevedra que sabía da importancia dos puntos. O Cacereño botouse arriba na segunda metade, e gozou dun par de ocasións claras para empatar que non foi quen de aproveitar.

Pola parte granate puido chegar a sentenza por medio de Mba, pero o dianteiro non atinou a marcar. 

No tempo engadido o Cacereño recibiu dous cartóns vermellos, e rematou con nove tras as expulsións de Artola e Iván Martínez.

Importante triunfo para o Pontevedra, o terceiro da Liga, que lle permite volverse situar na zona cómoda da táboa.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade