Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha exhibición para a historia, os 38 puntos de Doogan para o Baxi Ferrol

Unha exhibición para a historia, os 38 puntos de Doogan para o Baxi Ferrol

A xogadora do Baxi estableceu unha mellor marca histórica no partido contra o Estepona

Fixo 13 de 19 en tiros de campo con seis triplas e engadiu seis tiros libres sen erro para un total de 40 de valoración

G24.gal 12/10/2026 14:21

Para a historia queda o partido de Maggie Doogan este pasado domingo. Os números no Baxi Ferrol - Estepona da xogadora dos Estados Unidos foron impresionantes. 38 puntos, a mellor marca histórica do equipo ferrolán, e cunhas grandes porcentaxes. Nos tiros de campo fixo 13/19 (6/8 nas triplas) e anotou seis tiros libres sen erro. A iso hai que engadir seis rebotes para un total de 40 de valoración. 

Doogan estivo inspirada no primeiro tempo pero foi no segundo no que acabou por machacar a Estepona. Sete puntos no primeiro cuarto e outros tantos no segundo deixaban a anotación en 14. Foi no terceiro cuarto no que non houbo xeito de detela. Trece puntos para un total de 27. E non parou aí porque no derradeiro período anotou once máis que deixaron a marca en 38. 

O vindeiro mércores teremos oportunidade de vela de novo no partido que xoga o Baxi Ferrol na pista de Olympiakos na primeira xornada da fase de grupos da European Cup de baloncesto (en directo na G2 ás 19:00 horas). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar