Radu lidera o muro defensivo do Celta, o equipo menos goleado de Primeira
Con seis goles recibidos en oito xornadas iguala os números de Pablo Cavallero na 01-02 e 02-03 e só é superado por Cañizares que recibiu a estas alturas 4 goles na 92-93 e 5 na 93-94
O Celta deixou a portería a cero en Elx por segundo partido consecutivo e os números de Radu no tocante a goles encaixados están á altura dos mellores do club vigués na súa historia. Só recibiu seis nas oito primeiras xornadas do campionato. O Athletic tamén ten seis encaixados, pero en menos partidos, co que o ratio de goles por minuto é moito mellor no Celta.
Desde a temporada 02-03 con Pablo Cavallero na portería nas temporadas nas que se loitaba por entrar en Champions non había uns datos tan bos. Durante dous anos Cavallero igualou os rexistros de Radu despois de oito partidos.
Para atopar un porteiro que o mellor hai que remontarse aos campionatos do 1992-93 e 93-94 con Txetxu Rojo como adestrador e Santi Cañizares de porteiro. De feito, nunha desas tempadas Cañizares acabou recibindo o Trofeo Zamora -cos mesmos números que o deportivista Paco Liaño- como gardameta menos goleado de toda a Primeira División, algo que tamén acadara o propio Cavallero (2002-03) e José Manuel Pinto (2005-06).