Preocupación entre os hostaleiros de Valdoviño pola vaga de roubos
O sector hostaleiro manifesta preocupación e medo a que se volvan repetir
Os ladróns provocan destrozos para levar poucos cartos
"Hai roubos cada certo tempo pero é unha zona moi tranquila, Valdoviño é unha zona moi tranquila", indica un camareiro.
Por iso sorprendeu a vaga de roubos da semana pasada. Así captaron as cámaras de seguridade dun local de hostalería de Valdoviño a entrada dun ladrón. Vestido totalmente de negro accedeu á zona da caixa rexistradora ás agochadas para intentar evitar ser grabado.
Nesa mesma noite, 4 locais maís do concello foron obxecto de roubos seguindo o mesmo modus operandi. O caso está en mans da Garda Civil pero sen éxito polo de agora e os hostaleiros están preocupados porque volvan actuar.
"Hai incertidume porque nunca sabes se che pode tocar a ti, foron todos no mesmo día, na mesma noite, parece ser e logo aparte hai o tema do ataque aí arriba, no bar da esquina ao lado da Morriña e logo claro hai certa incertidume, certa preocupación, non sabes cando che poden entrar a ti", continúa
A maioría dos establecementos contan con cámaras de vixilancia. Os que non as teñen non dubidan en poñelas.
"Intentarei poñer alarmas e as portas máis seguras", confesa un hostaleiro.
"Máis ou menos estamos preparados digamos, hai cámaras, hai bombas de fume".
Máis que polos cartos os hostaleiros están preocupados polos destrozos nos establecementos.
"Non hai moitos cartos tampouco, nin aquí nin ningún sitio somos empresas medianas, pequenas". "É o estado de impotencia que che deixen todo estragado que che rompan cousas pero intento non deixar cartos no local".