Publicador de contidos

Publicador de contidos

O roubo de 800 metros de cable provoca problemas de iluminación pública en Marín

O roubo de 800 metros de cable provoca problemas de iluminación pública en Marín

Denunciaron catro roubos en apenas vinte días

O cemiterio e a piscina municipal, entre as instalacións afectadas

G24.gal 09/10/2026 17:52

O Concello de Marín presentou catro denuncias polo roubo de preto de 800 metros de cable da iluminación pública nos últimos vinte días, informou este venres o municipio.

O roubo cometeuse de forma reiterada en tres puntos do municipio: o rueiro de Inferniño, a estrada da Raña e o camiño de Raposeiras.

As subtraccións do cable xeraron problemas de iluminación nesas zonas.

Agora a intención dos técnicos do Concello é aproveitar a reposición do cable para incorporar elementos de protección que dificulten novas subtraccións.

Na estrada da Raña, os roubos de cable afectan ao treito comprendido entre o cemiterio e a piscina municipal, polo que a súa ausencia compromete o funcionamento deses dous servizos públicos «esenciais» e obrigou o Concello a buscar unha solución urxente.

Ademais de denunciar o roubo ante a Policía Nacional e de que a Policía Local adopte medidas de vixilancia nocturna nas zonas afectadas, as autoridades municipais solicitan a colaboración cidadá para investigar o asunto e localizar os autores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade