Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha muller en Vigo tras roubar un taxista cunha navalla

Detida unha muller en Vigo tras roubar un taxista cunha navalla

A Policía acudiu á zona e, ao entrar no inmoble, escoitaron berros e golpes, así como varias a persoas no interior pedindo axuda ante o comportamento agresivo da mesma muller

Policía Nacional Policía Nacional
G24.gal 25/11/2026 11:02

Axentes da Policía Nacional, coa cooperación de efectivos da Policía Local de Vigo, detiveron unha muller como presunta autora dun roubo con violencia, tras atracar un taxista armada cunha navalla.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado venres, cando o 091 recibiu un aviso dun taxista que fora vítima dun roubo por parte dunha clienta, á que levara a unha rúa do barrio das Travesas.

Ao chegar ao destino, a muller ameazouno cunha navalla e esixiulle que lle entregase a recadación. A continuación, apoderouse do moedeiro que levaba o taxista e saíu fuxindo para meterse no portal dun edificio próximo.

Unha dotación policial acudiu á zona e, ao entrar no inmoble, os axentes escoitaron berros e golpes, así como varias persoas do interior que solicitaban axuda policial ante o comportamento agresivo dunha muller que acababa de entrar na vivenda.

Os policías comprobaron que as características desta muller coincidían coa descrición achegada polo taxista. Ademais, un dos ocupantes da vivenda entregoulles aos axentes un moedeiro metálico e unha navalla que levaba a sospeitosa, e procedeuse á súa detención.

Por outra banda, a Policía Nacional tamén informou da detención, esa mesma madrugada, dun home sobre o que pesaba unha orde xudicial de detención e ingreso en prisión, emitida por un xulgado de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade