Cargando resultados...
Un accidente múltiple en Redondela deixa longas ringleiras na AP-9 na entrada a Vigo
O sinistro produciuse preto de onde este pasado luns houbo outro suceso similar
G24.gal
25/11/2026 09:40
A AP-9 volveu a rexistrar na mañá deste mércores colas quilométricas na entrada de Vigo en dirección sur ao producirse un accidente múltiple en Redondela.
Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, foron varios os particulares os que alertaron aos servizos de emerxencia deste sinistro.
En concreto, produciuse no punto quilométrico 151 da autoestrada, precisamente moi preto de onde este pasado luns tamén houbo outro suceso similar.
A Garda Civil e os servizos de urxencais sanitarias traballan no lugar do sinistro.