Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatado o condutor dun camión frigorífico que chocou na A-6 en Cambre

Rescatado o condutor dun camión frigorífico que chocou na A-6 en Cambre

O condutor quedou atrapado contra o volante e algunhas testemuñas alertaron de que o camión parecía comezar a arder, aínda que, á chegada dos bombeiros, non había lapas

G24.gal 23/11/2026 13:15

O condutor dun camión frigorífico que chocou nun tramo da autovía A-6 en Cambre (A Coruña) foi rescatado este luns, informaron os servizos de emerxencias.

O accidente produciuse pouco despois das 7:00 horas na autovía A-6, ao seu paso por Cambre, onde o camión se saíu da vía e chocou.

O condutor quedou atrapado contra o volante e algunhas testemuñas alertaron de que o camión parecía comezar a arder, aínda que, á chegada dos bombeiros, non había lapas.

Os equipos de emerxencia que acudiron á zona prestáronlle asistencia ao condutor, sacárono da cabina e trasladárono de urxencia a un centro hospitalario

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade