Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home resulta ferido tras caer por un desnivel de varios metros en Cervo

Un home resulta ferido tras caer por un desnivel de varios metros en Cervo

O condutor tivo que ser excarcerdo xa que non podía abrir as portas do coche

En Sarria, dous coches bateron á altura do quilómetro 16 da LU-546, en Vilapedre

Imaxe cedida polos Bombeiros de Barreiros Imaxe cedida polos Bombeiros de Barreiros
G24.gal 22/11/2026 10:19

Un home quedou ferido logo de irse da vía co coche en Cervo, no lugar da Rueta.

Os servizos de emerxencias tiveron que asistir o condutor minutos antes das 20 horas do sábado. O vehículo caeu por un desnivel de varios metros e non podía abrir as portas.

Os bombeiros subiron o ferido en colaboración cos profesionais sanitarios, que finalmente o trasladaron en ambulancia o hospital de referencia.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Viveiro e Barreiros e os servizos de mantemento da estrada.

Accidente en Sarria

En Sarria, un particular alertou deste accidente ao 112 Galicia, ao fío das 20 horas. Dous coches acababan de chocar á altura do quilómetro 16 da LU-546, en Vilapedre. Segundo explicou, un dos vehículos acabou envorcando.

De inmediato, solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Sarria e dos servizos de mantemento da estrada.

Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar a ninguén. Nun dos vehículos viaxaba unha persoa e no outro, dúas.

Os tres implicados resultaron feridos e foron trasladados ao hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade