Cargando resultados...
Investigan o acoitelamento a un home na Ronda de Outeiro, na Coruña
A agresión aconteceu no interior dunha cafetería
A vítima puido ser atacada polas costas por varias persoas
Non é o primeiro incidente con arma branca nesta mesma zona
G24.gal
21/11/2026 22:09
Un home resultou ferido tras ser acoitelado este sábado no cruzamento da Ronda de Outeiro coa Avenida de Fisterra, na Coruña.
O suceso provocou unha gran despregadura policial.
Asemade, ata o lugar achégaronse varias ambulancias do 061.
Este non é o primeiro incidente con arma branca no lugar. Hai un par de semanas o portero dun karaoke da zona tamén foi acoitelado.
A policía está a investigar o acontecido.