Xuízo polo acoitelamento mortal de Ourense: as testemuñas din o falecido e seus amigos golpearon o inculpado
Xuízo polo acoitelamento mortal de Ourense: as testemuñas din o falecido e seus amigos golpearon o inculpado
Na audiencia provincial de Ourense celébrase esta semana xuízo pola morte violenta de Amín, o mozo de 21 anos, que faleceu tras recibir unha navallada no corazón, despois dunha pelexa á saída dun local na zona dos viños de Ourense
Na vista do martes, os membros do xurado popular e o tribunal escoitaron oito testemuñas. Algunhas recoñeceron agresións previas ao único acusado e outras destacaron a persecución que precedeu a puñalada mortal
Fronte o xurado popular as testemuñas intentaron reconstruír que ocorreu a noite do 29 de novembro de 2024, cando despois da pelexa acabou coa morta violenta cunha navallada de Amin na zona dos viños de Ourense.
Un dos amigos da vítima recoñeceu tras verse no vídeo que volveron visionar na sala, que foi el o que golpeou a Nicusor, o acusado cando estaba no chan. O que salta enriba de Nicusor e o golpea, non é Amin?, pregunta a fiscala. "Non son eu", di o amigo.
Algunhas testemuñas sitúan o acusado marchando do lugar e din que Amin foi detrás del. Un traballador de seguridade asegura que viu a Amin facer un movemento brusco e segundos despois, levaba a man ao peito. O porteiro recoñece que non viu a puñalada. O xurado popular deberá esclarecer como se produciu a agresión mortal. Tamén declarou a familia da vítima.
A Fiscalía pide 15 anos por homicidio, o acusado mantén que actuou en defensa propia e a acusación particular eleva a pena a 25 anos por asasinato.