Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asaltan varias vivendas en poucas horas na parroquia de Lérez, en Pontevedra

Asaltan varias vivendas en poucas horas na parroquia de Lérez, en Pontevedra

Nunha das vivendas, rebentaron o armario con mazas en busca da caixa forte: "Había como moite 50 euros"

Noutras das casas as perdas roldan os 7.000 euros entre xoias de ouro e efectivo

G24.gal 18/11/2026 14:48

"Déronlle cun martillón, cun pico de loro e outro martillo que quedou fóra. Eu creo que se asañaron por culpa da caixa forte que estaba encastrada no armario. Igual pensaron que había cousa boa na caixa e por iso romperon co martillo a caixa e romperon o armario enteiro", explica José Quinteito, o dono da vivenda.

Unha caixa forte na que por casualidades do destino ese día había como moito cincuenta euros. Por tan pouco, tanta desfeita.

"Teño que ter a porta pechada, que non podo nin mirar para dentro. O primeiro día tremábanme as pernas porque este armario custoume un millón de pesetas hai vinte anos", lamenta José

Tamén lle levaron as xoias de ouro que Laura gardaba no fondo dun caixón. Non se explican como deron con elas. 

"Tíñaas no último caixón para atrás de todo e con cousas diante. Leváronme tres pulseras, a alianza del, dous solitarios, un crucifixo e unha que tiña o meu nome, que ma regalara o meu marido", detalla Laura, emocionada.

Non foron as únicas vítimas. Na mesma tarde, caeron varias casas na mesma parroquia.

"Saquearon unha chalé e no Castelo, din que dúas casas, no Bravo tamén, ... Normalmente, os veciños controlamos porque nos coñecemos todos pero veñen cando non hai ninguén nas casas, controlan e entran", relata Manuel Ogando, veciño da parroquia.

Nacho foi outra das vítimas. A súa casa está a uns dous quilómetros da de José e Laura.

"O Lotus non o levaron e as cousas de prata tampouco. Foron a polas xoias, un reloxo antigo da miña muller, ..., ouro e efectivo", sinala Ignacio Quesada

As perdas roldan os 6.000 ou 7.000 euros, e ao material súmase o emocional...e o medo.

"Eu intento levalo pero a miña filla xa non quere quedar na casa soa para estudar", engade Quesada.

"Non sei que pensar. Ando con medo. Como vou andar?", solloza Laura

Esa inseguridade esténdese pola parroquia.

"No rural como hai demasiadas casas pechadas e hai xente que marcha á mañá e ven á noite, eles estudan o terreo e campan ás súas anchas", describe Ogando

A asociación de veciños non quedou quieta. Mandaron un escrito á Subdelegación do Goberno pedindo máis vixilancia na zona.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade