Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o autor dun roubo con forza nunha perfumería de Ourense

Detido o autor dun roubo con forza nunha perfumería de Ourense

Golpeou cunha machada o escaparate e levou tres frascos de colonia

G24.gal 18/11/2026 12:58

A Policía Local de Ourense detivo o presunto autor dun roubo con forza nunha perfumería da rúa Ramón Puga tras golpear cunha machada o escaparate.

A patrulla desprazouse ata o punto despois de ser alertada por unha persoa que viu como alguén golpeaba o escaparate do negocio. Os axentes comprobaron os danos e localizaron un home que tentaba abandonar precipitadamente a zona pola rúa Álvaro Cunqueiro.

Outra patrulla localizou, ocultos detrás dunha sebe, diferentes obxectos relacionados co roubo: varias pezas de roupa, tres envases de colonia e unha pequena lanterna, ademais dunha machada, un punzón e un desaparafusador.

O detido foi posto á disposición da Policía Nacional.

Axentes da Policía Local informaron tamén da detención dunha persoa acusada de subtraer tres teléfonos móbiles do interior dun bar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade