Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan o cáliz roubado na igrexa de Cerdedo

Atopan o cáliz roubado na igrexa de Cerdedo

Un home pediulle confesión ao párroco, e mentres, presuntamente, as súas cómplices fixéronse con varias pezas de prata

G24.gal 17/11/2026 14:09

"Foi un engano, dúas mulleres e un home asistiron á misa", di Luis Cagide, párroco.

O cura de San Xoán Bautista de Cerdedo nada sabía das intencións dos tres descoñecidos que acudiron á igrexa o 3 de setembro, xunto aos fregueses habituais. Rematada a homilía o home lograba despistar o párroco.

"Pediume confesión, pero arrepentimento non había se ían roubar", sinala.

Levaron varias pezas de prata como unha bandexa, varias copas e un cáliz, que xa foi localizado pola Garda Civil de Boiro.

De momento non hai data para que o cáliz volva ao altar porque a investigación continúa aberta.

"Ante Deus, que Deus lles perdoe e os máis tamén lles perdoaremos, pero que devolvan as cousas", afirma o cura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade