Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos dous detidos na Coruña nunha operación contra a trata que tamén se estendeu a Alacant e Zaragoza

Polo menos dous detidos na Coruña nunha operación contra a trata que tamén se estendeu a Alacant e Zaragoza

O operativo comezou a primeira hora da mañá deste martes no barrio coruñés dos Mallos, onde axentes armados realizaron rexistros nun inmoble da rúa Santander

TVG TVG
G24.gal 17/11/2026 11:52 Última actualización 17/11/2026 12:41

Varias persoas foron detidas este martes na Coruña no marco dunha operación que abrangue diversas provincias españolas, centrada na loita contra a trata de seres humanos -concretamente con fins de explotación sexual-, segundo informaron a Europa Press fontes próximas ao caso.

A operación, de carácter internacional, está dirixida pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e implica a despregadura de axentes na Coruña, así como en Zaragoza e Alacant.

Na Coruña, o operativo comezou a primeira hora da mañá deste martes no barrio dos Mallos, onde axentes armados realizaron rexistros nun inmoble da rúa Santander.

Fontes consultadas indicaron que, polo menos, dúas persoas foron detidas na Coruña; non obstante, outras fontes próximas á investigación sinalaron que o operativo continúa en marcha e que se seguen a realizar dilixencias. O caso atópase actualmente baixo segredo de sumario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade