Desmantelan un punto de venda de drogas en Padrón
Destacan a colaboración veciñal para o bo desenvolvemento da investigación, grazas aos avisos sobre o trasfego habitual de persoas que acudían ao inmoble
Imaxe de Arquivo/Garda Civil
A Garda Civil detivo en Padrón detivo a unha persoa como presunta autora dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas, tras unha investigación que permitiu desactivar un punto de venda de substancias estupefacientes que abastecía consumidores da comarca do Sar.
Segundo recollen nun comunicado, a investigación foi iniciada por efectivos do posto da Garda Civil de Boiro, tras teren coñecemento da posible existencia dunha actividade ilícita de distribución de drogas desde unha vivenda da localidade de Padrón.
Destacan a colaboración veciñal para o bo desenvolvemento da investigación, grazas aos avisos sobre o trasfego habitual de persoas que acudían ao inmoble.
As pescudas permitiron reunir os indicios necesarios para identificar o presunto responsable e proceder á súa detención, así como interviren substancias estupefacientes relacionadas coa actividade investigada.