Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA decide restrinxir o acceso da China aos seus chips de IA en pleno caso de posible espionaxe en Nvidia

Os EUA decide restrinxir o acceso da China aos seus chips de IA en pleno caso de posible espionaxe en Nvidia

"A norma busca garantir as restricións vixentes sobre o acceso a tecnoloxía estadounidense sensible non se poidan eludir mediante acordos de computación remota nos que participen centros de datos situados en terceiros países", di o comunicado emitido pola Oficina de Industria e Seguridade

REUTERS REUTERS
G24.gal 17/11/2026 08:34

A Administración de Donald Trump decidiu impor restricións á subministración de chips e servidores de intelixencia artificial (IA) a empresas chinesas, en pleno proceso de investigacións sobre a exportación de semicondutores a raíz do presunto caso de espionaxe que afectou o xa ex conselleiro delegado de Nvidia, Jensen Huang.

Unha norma provisional emitida o luns polo Departamento de Comercio esixe que os operadores de centros de datos en Singapur, Malaisia, Tailandia, Indonesia e o Brasil obteñan unha licenza do Goberno estadounidense antes de exportar chips avanzados de IA de Nvidia e doutros fabricantes estadounidenses a clientes neses países, segundo o documento publicado polo propio departamento.

"A norma ten por obxecto garantir que as restricións vixentes sobre o acceso a tecnoloxía estadounidense sensible non se poidan eludir mediante acordos de computación remota nos que participen centros de datos situados en terceiros países", di o comunicado emitido pola Oficina de Industria e Seguridade (BIS, polas súas siglas en inglés), dependente do Departamento de Comercio, que asegura que foi "redactada polo Departamento do Tesouro e o Consello de Seguridade Nacional, e baixo as súas directrices".

Con esta decisión, Washington, que se define como "líder mundial en tecnoloxía informática avanzada e de super intenlixencia", asegura perseguir "a adopción global da tecnoloxía estadounidense con fins comerciais lexítimos, ao tempo que garante que as tecnoloxías sensibles non se utilicen de formas que ameacen a seguridade nacional dos Estados Unidos".

O borrador da normativa publicouse apenas uns días despois da dimisión de Jensen Huang como director executivo de Nvidia, tras admitir que mantivera unha relación con Alice Huang, ex-executiva da empresa Megaspeed International —con sede en Singapur—, sinalada nos Estados Unidos como posible espía chinesa.

Megaspeed estivo baixo investigación nos Estados Unidos por posibles infraccións das normas de control de exportacións, aínda que a empresa negou ter cometido ningunha irregularidade, mentres que Alice Huang se atopa actualmente na China.

O Departamento de Comercio anunciou a medida xusto cando o presidente Donald Trump e outros altos funcionarios da Administración inician unha viaxe a Asia co fin de participar nunha serie de cumes rexionais, nos que se abordará a cuestión dos controis estadounidenses á exportación de tecnoloxía avanzada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade