Fundas con brillo e función de carga rápida, as opcións de moda para personalizar o móbil
Xa non se levan os cordóns para pendurar o aparello do pescozo nin as figuriñas adhesivas
O móbil é xa un elemento tan persoal e intransferible, que queremos darlle o noso mellor toque particular. Hai varias opcións no mercado para personalizar os complementos, buscando tanto o deseño como a funcionalidade.
Máis que personalizar, a xente procura as últimas tendencias no infinito mundo dos complementos para o aparello de telefonía móbil. Modas que mudan dun ano para outro.
"A diferencia do ano pasado, que se levaban máis os deseños de santa (Claus) ou bastonciños, o que agora está de moda son as fundas con brillo", sinala Juliette Zambrano, encargada dunha tenda especializada en accesorios e complemnetos para móbiles.
A maneira de ser de cada quen tamén inflúe a hora de optar por un modelo concreto.
"Algunhas persoas, que son máis clásicas, prefiren modelos de cor berenxena, con acabado velvet, aveludado", sinala Juliette.
Con todo, a maioría dos usuarios busca fundas funcionais, que permitan, por exemplo, unnha carga rápida.
"As fundas que se están levando agora incorporan un imán, como soporte da carga inarámica, que é indispensable. Moitas persoas sacrifican o deseño por que a funda teña o magsafe que permite a carga", apunta a encargada dunha tenda de telefonía móbil en Vigo.
Xa non se levan, iso sí, os cordóns para ter o móbil pendurado do pescozo. Ou as figuriñas adhesivas.
"Xa pasaron de moda. O ano pasado todo eran decorados de santa (Santa Claus), ou bastonciños.. Agora o que está de moda é o brilli-brilli...", resume Juliette.
O mercado non ten límites neste sector, hai opcións para cada modelo de móbil e tamén para cada persoa.