O teléfono fixo: entre o uso contra a exclusión dixital dos maiores e o gusto polo retro
Nas tendas din que aínda que pareza que non se venden, "non se venden tanto como antes, pero seguen a venderse moito"
A chegada do móbil transformou a nosa relación co teléfono fixo.
"Non o usamos porque temos móbiles simplemente".
"Tíveno, pero xa non o teño porque xa non nos fai falta".
"Fumos deixando de usalo e no piso de estudantes no que estamos aquí tampouco, nada".
"Teño a liña, pero estropeouse unha vez e xa non o volvín a mercar".
Malia todo, nin o móbil logrou desbancalo por completo. Así o di María Sumay, encargada da tenda Sonytel Coruña:
"Os teléfonos (fixos) aínda que agora pareza que non se venden, non se venden tanto como antes, pero seguen a venderse moito".
Mesmo xurdiron novos usos ante novas realidades.
"Hai situacións en que a xente nova quere que os pais teñan un teléfono fixo por se non collen o móbil. Con números moi grandes, con foto para identificar, con timbre e luz por se non oen ben", explica María.
"Miña nai ten que ter fixo porque co móbil non se entende. Ten 94 anos". "Na miña casa hai xente maior e prefiren sempre o fixo".
A nostalxia do retro vén da man dos máis novos. María amosa un teléfono con auricular de roda ao estilo antigo e di que a pesar de que "non ten nin mans libres nin marca o número á xente que ten nenos pequenos gústalle ter esto na casa". Rememoranso así a súa propia infancia.