Publicador de contidos

Publicador de contidos

Predeterminada ou personalizada, con que melodía soa o noso móbil?

Predeterminada ou personalizada, con que melodía soa o noso móbil?

G24.gal 01/10/2026 21:36 Última actualización 01/10/2026 22:00

 É a melodía do noso móbil a que soa? Teño a determinada e ás veces cando soan moitos á vez non sabes se te chaman a ti ou chamas ás 50 persoas que tes ao redor". "Pásame un pouco o mesmo e teño perdido chamadas por non darme conta que era a min a quen chamaban".

Tamén hai quen nin se plantexa tal dilema: "Non teño ton de chamada. Si o teño pero non sei cal é porque sempre o teño en vibración". "Eu sempre teño o móbil en silencio". "Se vibra o meu peto supoño que é o meu, se non non presto atención". "Áparte tes a vibración así que se é o teu mobil é o teu, e xa está".

Mais a melodía pode ser un bo identificador: "Meu pai pon unha canción para cada persoa". "Teño un amigo que ten unha canción de Queen e claro a min paréceme moi característico. "Cando soa o teléfono dame un pouco de vergoña porque a xente di: e ese teléfono de que ano é (soa o móbil)". "A min gústame discreto, un ton suave porque os hai máis estridentes". E así deixamos a cada quen co seu propio ton. 

    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade