Publicador de contidos

Publicador de contidos

As chuvias duplican o nivel de auga encorada en Eiras nunha semana

As chuvias duplican o nivel de auga encorada en Eiras nunha semana

Abastece a área de Vigo e pasa de mínimos históricos a preto do 70% da súa capacidade

Os encoros que abastecen Ferrolterra e a área da Coruña seguen moi baixos

G24.gal 16/11/2026 20:42 Última actualización 16/11/2026 21:00

 Máis de 400.000 persoas dependen da auga deste encoro. Todos os que viven na área de Vigo e nos concellos limítrofes de Mos, O Porriño, Redondela e Salceda de Caselas. Hai dez días a posibilidade de que chegaran a sufrir restricións non parecía imposible de continuar a seca. O encoro acadara mínimos históricos. Pero nunha semana de choivas pasou de estar ao 33% de capacidade a rozar o 70%.

O cambio para mellor que deixaron as precipitacións en Eiras non se notou noutros encoros de abastecemento de auga da demarcación Galicia-Costa. O de Cecebre que lles dá auga a outras 400.000 na área da Coruña apenas se beneficiou das borrascas. E o das Forcadas que abastece 135.000 persoas en Ferrolterra segue en situación límite, en mínimos históricos.

  Tanto estas áreas como as concas do Lerez e do Anlllóns ata sumar 59 concellos están en alerta por escaseza de auga. En todos eles se adoptaron medidas para reducir o consumo. A súa situación revisarase na próxima reunión da Oficina Técnica da Seca. 



   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade