Publicador de contidos

Publicador de contidos

A seca prolongada afecta a 123 municipios da Demarcación Galicia-Costa

A seca prolongada afecta a 123 municipios da Demarcación Galicia-Costa

A ocupación media dos encoros apenas alcanza o 45%, quince puntos menos que hai un ano

G24.gal 17/10/2026 15:36

Historicamente, outubro é o terceiro mes máis chuvioso do ano, pero as precipitacións seguen sen chegar neste outono anómalo que mermou de forma preocupante os caudais dos ríos. A ocupación dos encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa apenas roza o 45%. Son quince puntos menos que hai un ano.

"Estatísticamente é o peor exercicio dos últimos setenta anos. Esta situación está poñéndonos a proba e fainos aprender que, aínda que hai moito traballo detrás, o que vén parece irreversible e temos que ser conscientes de que fan falla alternativas para respostar a isto", afirma Roi Fernández Añón, director de Augas de Galicia.

A falta de chuvia levou á Xunta a declarar a seca prolongada na demarcación Galicia-Costa. Unha medida que non implica restricións inmediatas no consumo, pero que obriga a vixiar de preto a evolución dos recursos hídricos para poder actuar se a situación empeora. A escaseza de auga afecta a 123 municipios.

"Onde estamos con ese trinta e pico por cento os tempos son máis reducidos. Vigo e A Coruña poderían ter uns setenta días de autonomía e Ferrol ten algo menos. Por iso estamos moi atentos aos posibles escenarios meteorolóxicos", explica

Esta semana, o alcalde de Vigo alertaba de que as reservas actuais do encoro de Eiras só aseguran cincuenta días de subministración. A Xunta, pola súa banda, garante o abastecemento ata finais de ano. Dúas semanas de chuvias xenerosas serían dabondo para aliviar a seca e para que as presas comezasen a recuperar parte das reservas perdidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade