Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cultivos do agro sofren a seca recorrente

Os cultivos do agro sofren a seca recorrente

O millo reduciu a súa produción nalgunhas explotacións e tamén a pataca

Os especialistas apostan pola adaptación ao cambio climático, adiantando a sementeira e apostando por variedades tradicionais

Diversificar a produción con variedades tradicionais como o paínzo, a avea moura ou o centeo son algunhas das opcións fronte á seca

G24.gal 17/10/2026 14:55

A seca e a calor deste verán, están repercutindo de xeito dispar nos cultivos do agro.

No caso da pataca, a falta de choivas afectou o medre das plantas e a produción, pero tamén evitou as pragas e mellorou a calidade.

Na uva, as altas temperaturas favoreceron producións históricas e obrigou a aidantar as vendimas.  

Porén, o millo atopouse cunha situación dispar dependendo da variedade empregada, mais nalgunhas explotacións perderon ata un corenta por cento da producción.

"O millo quedou afectado porque na época máis sensible, que é a froración, había unha seca arrstrada de non chover en meses e temperaturas altas", confirma o científico da Misión Biolóxica de Galicia, Bernardo Ordás.

Na misión biolóxica de Galicia, en Pontevedra, estudan o impacto ambiental nas plantas e na súa produción. Por iso, diante da situación do cambio climático, co aumento das temperaturas e da duración das secas, apostan por unha adaptación progresiva aos cambios.

 "Os tempos que había antes cómpre adaptalos un pouco, que se está a facer, e co millo hai que sementar antes. Hai que buscar variedades que resisten mellor a seca, como as variedades tradicionais que levan aquí toda a vida e que adoitan ser moi rústicas, e tamén diversificar os cultivos", asegura Bernardo Ordás, investigador da Misión Biolóxica de Galicia que depende do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Os investigadores apuntan a cultivos coma o paínzo, o centeo ou a avea moura como alternativas pola súa resistencia á seca e polo seu arraigamento en Galicia. Mentres tanto os produtores continúan pendentes da evolución da seca de cara aos cultivos de outono e inverno.

 "Agora mesmo demandan moito tema de grelos e horta. Si que é verdade que na tenda non hai moito movemento, non sei se é polo tema do tempo", conta Rubén Mirás dende a tenda Farmagra en Santiago de Compostela.

Nabizas, grelos e produtos de horta dependen da volta das choivas e do frío xa que, de non teren as condicións ideais, poderán ver afectada a súa produción e sabor. Polo momento, nalgunhas zonas houbo que retrasar a semente por falla de precipitacións.

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade