Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector vacún estuda como afrontar a redución das marxes de beneficio neste 2026

O sector vacún estuda como afrontar a redución das marxes de beneficio neste 2026

Baixan os prezos da carne, ao tempo que medran os custos de produción

Reunidos en Santiago, buscan estratexias que melloren a eficiencia das explotacións

G24.gal 21/10/2026 14:23 Última actualización 21/10/2026 15:21

Despois dun 2025 excepcional no que se refire ás marxes económicas do vacún de carne, os prezos moderáronse no mercado. 

"Os prezos baixaron debido á caída do consumo doméstico e tamén do consumo de restauración. Sumado a que, ademais diminuíron en xeral as exportacións cara a países árabes", dixo José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega.

"Ten certa lóxica que se produza unha moderación de prezos porque levabamos certca de dous anos cunha suba continuada e ten que chegar un momento en que os prezos se estabilicen", explicou Xesús González, o presidente das IXP Ternera Gallega Vaca Galega e Boi Galego.

E ao tempo que se vende a carne algo máis barata producila custa máis: pola situación xeopolítica que fai subir os fertilizantes e combustibles, e tamén polos efectos do cambio climático.

A Fundación Juana de Vega sitúa a marxe media por explotación en 27.656 euros en 2025 A Fundación Juana de Vega sitúa a marxe media por explotación en 27.656 euros en 2025

"A seca fai que teñamos menos forraxes e alimentos xerados na propia explotación e que ás veces teñamos que importar alimento para o gando", apunta José Manuel Andrade, o Director da Fundación Juana de Vega. 

Tras a análise dos datos, explican que mellorar a eficiencia das explotacións pasa tamén por facelas algo máis grandes. 

"Temos un problema coa remuda xeracional e pensamos que para os próximos anos imos a un redimensionamento das explotacións. E iso vai dar lugar a que diminúa o número pero que as que continúen vaian aumentando tamaño", argumentou Xesús González, o Presidente das IXP Ternera Gallega Vaca Galega e Boi Galego. 

A produción galega supón o 15 % do mercado español en carne de tenreira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade