Publicador de contidos

Publicador de contidos

A seca castiga as granxas galegas

A seca castiga as granxas galegas

A falta de choiva estragou as colleitas de millo e fai perigar a sementeira da herba

Secan os mananciais e achícanse os pozos de auga

G24.gal 19/10/2026 14:27

Nas granxas galegas a seca afoga o sector. Din os gandeiros que non chove de forma continuada dende marzo e se suceden as consecuencias. As primeiras perdas notáronas no millo, a falta de agua provocou que non desenvolvera a espiga.

"Moita seca, moitos días sen chover e iso afecta. A mingua no silo do millo foi dun 15 ou dun 20 %", sinala Edmundo Castrillón, encargado dunha granxa.

E agora a falta de auga en pleno outono fai perigar a sementeira da herba.

"A herba está nacendo mal e o terreo non se deixa laborear ben. Esta herba que sementamos agora vaise recoller na primavera, pero se agora non nace ben vai repercutir en que vamos ter menos quilos", explica o gandeiro José Iglesias.

A seca tamén se nota moito nos abastecementos de auga necesarios para alimentar os animais e realizar os traballos das granxas.

"Hai escaseza de auga, están secando mananciais e os pozos achícanse".

"En agosto fixemos o cuarto pozo de auga porque os tres que tiñamos non daban abastecido as necesidades da explotación".

Ante a diminución das subministracións propias vense obrigados a mercar máis forraxes e pensos, disparando uns custos de produción que tamén se están a ver moi afectados polo elevado prezo dos combustibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade