Publicador de contidos

Publicador de contidos

No agro celebran a chegada da chuvia, aínda que advirten de que vén con atraso

No agro celebran a chegada da chuvia, aínda que advirten de que vén con atraso

Os gandeiros acollen con ledicia estas choivas despois dunha seca prolongada, desexando que non veña en trombas nin cause dano

G24.gal 22/11/2026 20:36

Malia as alertas meteorolóxicas activadas polas intensas precipitacións das últimas xornadas, o sector agrogandeiro da comarca de Lugo acolle con alivio a auga que está a caer sobre o campo. Tras un verán marcado por unha seca moi prolongada que se estendeu ata hai apenas uns días, as explotacións respiran tranquilas, aínda que coinciden en sinalar que a chuvia chega tarde.

Nunha visita ao concello lugués do Corgo, dous profesionais do sector confirman o impacto que tivo a falta de auga nos pastos e nos recursos hídricos da zona durante os últimos meses. José Luis Tomé, da SAT O Balao, explica que ata hai pouco o terreo estaba completamente seco e lamenta que o cambio de tempo non se producise antes. Segundo a súa valoración, para o bo funcionamento do campo, a auga "xa tiña que ter vido en setembro".

Na mesma liña exprésase José Antonio Ferreiro, da Finca Villadangos, quen advirte de que o aspecto actual das fincas pode resultar enganoso se non se observa a situación do subsolo.

"Os mananciais están secos; vese verde na superficie, pero hai moita seca", asegura o gandeiro. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade